Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

A que andou o Equipo neste curso?

Esta primeira avaliación foi sen dúbida ningunha moi movidiña. Fixéronse moitas actividades nas que o grupo de Dinamización Lingüística colaborou, como a benvida á biblioteca ó alumnado de 1º ESO, e outras directamente organizadas por nós, como a colocación de calendarios en galego nas aulas, a actualización do taboleiro das noticias do Equipo e un concurso de postais de aninovo.

Mans salgadas”

O 1 de outubro do 2019 alumnado de 4º da ESO desprazouse ata Ourense, á décima gala de entrega de premios OUFF Escola para recoller o premio ó mellor guión en niveis de ensino non universitario coa película Mans Salgadas. Os alumnos que realizaron esta curtametraxe de 23 minutos foron Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil. Quedaron tan satisfeitos polo traballo do ano pasado que este curso xa están mans á obra con outra película. Que farán? Non lles perdas a pista!

A nosa historia facémola nós”

Con esta actividade fixa do Equipo, nesta ocasión tratouse de poñer en valor algún elemento da arquitectura tradicional, preferentemente do concello de Foz, como unha fonte, un lavadoiro, un muíño, un pombal… O principal obxectivo era que o alumnado investigara sobre a existencia e permanencia no tempo de elementos propios da arquitectura tradicional galega na contorna para saber da súa historia. Para isto, os alumnos tiveron que documentarse coas familias, polo que dende aquí dámoslles grazas por axudarnos tanto neste proxecto.

Ao ser un traballo académico, valorouse a exposición ordenada e clara da información, sen erros ortográficos, cunha imaxe e unha presentación adecuada e axustada ás pautas dentro do prazo marcado.

Farase unha exposición cos traballos máis orixinais ou os máis diferentes neste blog nuns días. Agarda a publicación e mira toda a orixinalidade dos traballos do alumnado! Vanche encantar e vas aprender moitísimo acerca de arquitectura preto de ti, da que descoñeces a súa historia, xa verás!

Helena Celada (2º ESO A)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: