Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non podiamos deixar pasar unha data así sen expresarnos, agradecendo aos libros tanto como nos dan.
Aquí queda unha mostra do que quixeron compartir connosco e coa Biblioteca do IES de Foz alumnas e alumnos dos cursos de 1º e 2º ESO que saben perfectamente por que un libro é un amigo 🙂
Vaian desde aquí moitísimas grazas a tod@s pola xenerosidade e implicación, por demostrar que … sodes un encanto!!

Un libro é un amigo porque…
“Un libro é un amigo porque sempre podes contar con el. Está alí a onde vaias, desfrutas con el e fala sobre o que ti queiras, pero sen desvelar nada que non queira contar. Non existen palabras para describir o que gozas cando les un bo libro, como cando pasas as horas cunha boa amiga ou amigo.” (Mariña)
“Un libro é un amigo porque abre as portas da imaxinación e déixaa voar moi lonxe.” (Sofía M.)
“Un libro é un amigo porque fai que viaxes a outros sitios, lévate de aventuras tanto de terror como arriscadas e o máis importante, sobre todo nestes tempos, sen moverte da casa!” (Alba)
“Un libro é un amigo porque che axuda a ver a vida desde outro punto de vista.” (Gabriel)
“Un libro é un amigo porque nunca te vai deixar de lado se o necesitas.” (Iago)
“Un libro é un amigo porque: cóntache os seus sentimentos, as súas emocións, desafógase contigo…” (Ainhara)
“Un libro é un amigo porque estando con el axúdame a liberarme dos meus
problemas, axúdame a aprender cousas da vida e voar sen saír da casa.”
(Pablo)
“Un libro é un amigo porque…sempre están en case todos os lugares para poder soñar coas súas aventuras e viaxar a lugares descoñecidos e coñecidos sen movernos do sofá.” (Esteban)
“Un libro é un amigo porque ensínache moitas cousas, tanto como para que ti mellores a lectura, a ortografía; tamén, divírteste moito coas historias que contén no seu interior; e ata ás veces ten “moralejas” que ti podes utilizar no teu día a día.” (Leticia)
“Un libro é un amigo porque permíteche entrar no seu conto, tamén porque axúdache a desconectar.” (Antía P.)
“Un libro é un amigo porque está aí cando te aburres, te sentes só etc.
Tamén é un bo amigo porque che conta moitas historias e moi variadas, do que
queiras!” (Darío)
“Un libro é un amigo porque te acompaña a todos os sitios e momentos. Por exemplo: unha tarde chuviosa, moitas aventuras, ou mesmo a unhas vacacións. E ensínache a crear as túas propias aventuras.” (Nara)
“Un libro é un amigo porque che axuda a comprender mellor as cousas e
percorres o mundo a través das súas historias.” (Antía C.)
“Un libro é un amigo porque grazas a el non nos aburrimos, tamén grazas a el
melloramos a nosa velocidade de lectura, e finalmente grazas a el temos outra
nova historia na nosa mente.” (Christian)
“Un libro é un amigo porque sénteste estar no personaxe e tamén porque se lle está prestando atención.” (David)
“Un libro é un amigo porque…porque os libros pódenche facer rir, chorar e sentir moitas emocións. Porque sempre que o necesitas está aí. Cando necesitas consultar algo ou só cando queres que che saquen un sorriso.” (Xavier V.)
“Un libro é un amigo porque sempre está aí cando o necesitas. Podes pasar horas e horas divertíndote con el e imaxinar grandes aventuras. Cun libro podes experimentar diferentes emocións como intriga, felicidade, tristeza, amor e moitos outros sentimentos que converten un libro en algo máis, un amigo. “(Lucas G.)
“Un libro é un amigo porque nos axuda a esquecernos da nosa vida mentres os
lemos e fannos pasar un rato entretido no seu mundo.” (Nadia)
“Un libro é un amigo porque sempre podo acudir a el para aliviar as penas, faime esquecer os meus problemas e refuxiarme nun mundo marabilloso cheo de criaturas fantásticas. Tamén me ensina valores e me dá leccións de como enfrontarme á vida ou incluso fai desenvolver a miña capacidade de dedución para resolver diversos casos. Un libro é un verdadeiro amigo.”(Bruno)
“Un libro é un amigo porque sempre que queiras ter un momento de tranquilidade e diversión, el nunca che vai dicir que non.” (Jacobo)
“Un libro é un amigo porque nos axuda a divertirnos, pasar o tempo desfrutando das súas aventuras e a aprender, aumentar vocabulario, corrixir a ortografía e valorar o bo que é ler.” (Marta)