Neste xuño tivemos que quedar sen xornada de xogos tradicionais no último día lectivo. Nin divertimento nin risos e apertas na despedida do curso. Mágoa! Mais…tivo que ser 😦
Non obstante, ata certo punto os xogos non faltaron. O alumnado dos cursos de 1º ESO e 2º ESO colaborou na actividade do Equipo “A nosa historia facémola nós” ao pescudar nas lembranzas sobre enredos e xogos da infancia de pais e nais, avós e avoas… para a materia de Lingua Galega.
Grazas ás familias por implicarse e ao alumnado por recuperar anacos da historia como os que aquí compartimos, a xeito de mostra.
Saúde e moi bo verán a tod@s! Ata a volta! 😉














