Como cada 14 de febreiro celebramos San Valentín. Pero este ano o coronavirus foi capaz de poñernos en situacións até agora nunca vividas. Ante esta nova realidade xorden moitos sentimentos: medo, angustia, nostalxia… Polo tanto, ademais do amor e desamor propios desta data, o alumnado púxose mans á obra e tentou expresar o seu mundo interior a través da poesía. O importante desta actividade creativa era que reflexionasen sobre as diferentes formas que hai de expresar cariño e o que realmente necesitamos para ser felices.
Grazas a todos/as por compartir estas emocións!