24 de febreiro, Día de Rosalía

Nestes días de febreiro achegámonos de novo á vida e legado de Rosalía de Castro. Revisitamos os seus textos, escoitamos versións musicadas coma a “Alborada” na voz de Uxía, convertemos versos en poemas visuais coa técnica do caligrama. Lemos e recitamos. Festexamos, rimos e cantamos…

¡Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta por que o millo medre.

¡Canta!

Canta por que a luz te escoite.

¡Canta!

Canta que fuxeu a noite.

(Fragmento da “Alborada”, en Cantares gallegos)

Un breve vídeo e algunhas imaxes como mostras:

https://drive.google.com/file/d/15Q0Ougz2T-inlvjNMoW0anbTs7E6mR6g/view?usp=sharing

¡Arriba/todas, rapaciñas do lugar!/que o sol/i a aurora xa vos vén a dispertar:/¡Arriba!/¡Arriba toleirona mocidad,/que atru-/xaremos, -cantaremos o ala…lá!!!, os versos finais da “Alborada” convertidos en poema visual por Estela Pérez Suárez
O paxariño alegre no caligrama de Alba Cajoto Palmeiro
Outro paxariño que canta, o de Irene Fernández Martínez
E co canto, medra o millo. Así o ve Alice Freixo Forés
Os poemas visuais do alumnado de 2ºESO B, artistas!

Moitas grazas a todo o alumnado que participou no noso “En febreiro, con Rosalía”

#rdc_21 #TeusDocesCantares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: