Bravo pola banda deseñada en galego e bo Día do Libro!

Imaxe de O pacto do letargo, de Miguelanxo Prado

Ás portas dunha nova festa polo Día do Libro, traémosmos desde o Equipo de Dinamización un convite á lectura da banda deseñada galega, celebrando que estea a gozar de moi boa saúde. Distintos xéneros e estilos para difundir coñecemento, enriquecernos culturalmente e entreter conforman as últimas creacións en galego desta literatura de imaxe.

Aí están, entre outros títulos recentes, O pacto do letargo, obra de Miguelanxo Prado recoñecida agora en marzo con dous galardóns nos Premios Bandas Desenhadas 2020 do veciño Portugal; Viveiro 1810, augas mortais, de Primitivo Marcos, sobre o afundimento do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena nas costas da Mariña; a divertida Plot Point, do guionista vigués Fernando Llor; a novela gráfica dos irmáns Xosé e Ramón Trigo, Kartoffel, sobre a presenza alemá en Vigo durante a II Guerra Mundial; a tan orixinal O último festi, de Pablo Prado e Fernando Llor, sobre o festival Armadiña Rock de Combarro, con códigos QR para chegar ás actuacións das bandas musicais… Moito e de calidade onde podermos escoller.

Porén, nosoutros queremos tirar tamén pola canteira do centro, así que aquí tedes as creacións de Breixo, Xingxing e Anxo. Vanvos chistar! 😉

Portada do cómic de Breixo.
Concurso de axentes. Páxina 1
Concurso de axentes. Páxina 2
Concurso de axentes. Páxina 3
Concurso de axentes. Páxina 4
A banda deseñada de Xingxing
O cómic de Anxo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: