En maio dinamizamos coa tradución…e houbo premio!

Hoxe entregamos os premios do I Concurso escolar de tradución “Xela Arias” na Biblioteca. Nesta primeira edición escollemos obras que foron traducidas por Xela Arias e decidimos que o concurso leve o seu nome para renderlle así homenaxe. Ansemil, Suso e Montse, que formamos o Equipo de Dinamización, contamos co apoio de Dirección e coa colaboración do profesorado durante o proceso e para revisar as traducións, así que vaia o noso recoñecemento para Ana, Elena, Celia, MªJosé, Belén e Mar.

Agradecemos moito a participación do alumnado nesta iniciativa e valoramos o seu esforzo e acerto ao traduciren ao galego textos de Baudelaire, Roald Dahl, Alice Vieira e Wenceslao Fernández Flórez a partir dos orixinais en francés, inglés, portugués e castelán.

Os catro premios, un por cada categoría, foron para Andrea, Roger, Noelia e Patricia. Ademais, cada participante recibiu un diploma e un agasallo. Parabéns a tod@s!!!

Ai ai ai…Houbo quen se demorou un chisco en chegar, razón pola que non aparece na foto de grupo.

Para compartirmos os risos desta mañá, houbo que esmerarse o día do concurso. Velaí, a voltas coas traducións:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: