Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Premios e diplomas para a tradución na semana das Letras Galegas!

Como remate desta semana das Letras Galegas, hoxe entregamos aos participantes no II Concurso Escolar de Tradución “Xela Arias” premios e diplomas polas súas traducións ao galego de textos en francés, español, portugués, grego, latín e inglés.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos expresar a satisfacción pola participación do alumnado e tamén deixar constancia do noso agradecemento ao profesorado pola súa colaboración, en especial a Ana, Antía, María José, Ánxeles, Celia, Begoña, Belén, Rafa, Marisa, Mar Gómez, Darío, Carmen e Mar García.

Os premios ás mellores traducións foron para Andrea, Antón, Alberto, Katerin, Ángela e Iria. Deixamos aquí imaxes para o recordo. Parabéns a tod@s !!

Foto de grupo do alumnado e membros do EDLG

Ángela recolle o primeiro dos premios, para a tradución ao galego desde o latín.

Katerin recibe o premio á tradución ao galego dun texto en grego.

Antón foi premiado pola súa tradución do castelán ao galego.

O premio para a mellor tradución do portugués ao galego levouno Alberto.

Andrea traduciu moi ben un fragmento de Le petit prince, de Antoine de Saint-Exupéry

Iria recibiu o premio pola súa tradución dun fragmento de The last of the Mohicans, de J. Fenimore Cooper, que fora traducido ao galego por Xela Arias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: