Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Hidronimia: fala a auga!

Flickr: Río Té. Rianxo. Augas bravas.jpg (baixo licenza Creative Commons)

Dentro da actividade fixa do Equipo “A nosa historia facémola nós”, o alumnado investigou desta volta sobre hidronimia: o nome dun río, rego, regato, quenlla… Encomendámoslles procurar información, principalmente dentro da veciñanza e na familia, sobre a orixe do nome, ubicación, usos antigos e actuais… E así, contando tamén co apoio doutras fontes, podemos escribir con texto e imaxes parte da historia do concello e aprender sobre o lugar que habitamos, ao ocupármonos das formas de auga doce.

Moitas grazas ao alumnado de 2ºESO pola súa implicación nesta iniciativa, dentro da materia de Lingua Galega, e a Mariña, que forma parte do Equipo e colaborou cunha investigación excelente!

A seguir, imaxes dalgúns traballos:

Fala a auga!

O magnífico traballo de investigación de Mariña

Aquí fala o rego do Roxo grazas a Xián

Clara traballou sobre o río Centiño e ilustrou con varias imaxes, algunhas antigas

Zaida preguntou sobre o Ouro e foi á Pena Ruxida na procura dunha imaxe

Sara investigou tamén sobre o río Ouro e fíxonos saber sobre a baixada en caiac (por certo, non incluímos completa a bibliografía)

Do rego Real, en Cangas, sabemos grazas a Isabel. Moi interesante!

E a agua é vital.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: