Nestes días de febreiro achegámonos de novo á vida e legado de Rosalía de Castro. Revisitamos os seus textos, escoitamos versións musicadas coma a “Alborada” na voz de Uxía, convertemos versos en poemas visuais coa técnica do caligrama. Lemos e recitamos. Festexamos, rimos e cantamos… ¡Canta, paxariño alegre, canta! Canta por que o millo medre.Seguir lendo “24 de febreiro, Día de Rosalía”
Arquivos de autor:edlgfoz
“San Valentín 2021”
Como cada 14 de febreiro celebramos San Valentín. Pero este ano o coronavirus foi capaz de poñernos en situacións até agora nunca vividas. Ante esta nova realidade xorden moitos sentimentos: medo, angustia, nostalxia… Polo tanto, ademais do amor e desamor propios desta data, o alumnado púxose mans á obra e tentou expresar o seu mundoSeguir lendo ““San Valentín 2021””
Velaí as coplas de Entroido!!
Chegan a tempo e con moi bo humor, para adozarmos un pouco este noso Entroido de 2021. Grazas a todo o alumnado que participou no Concurso, resultase premiado ou non, e ao profesorado que animou desde as aulas e moitos parabéns a Mariña, Bruno, Martina, María, Kilian, Melani, Silvia, Lisy e Laura pola creatividade eSeguir lendo “Velaí as coplas de Entroido!!”
Enfiada de contos en homenaxe a Castelao
Miramos cada xaneiro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un xeito de render tributo a Castelao. De entre as múltiples facetas do escritor rianxeiro -caricaturista, pintor, etnógrafo, novelista, político, doutor, dramaturgo, ensaísta, investigador, orador…- paramos desta volta no autor de contos e relatos breves. Compartimos convosco unha enfiada de contos coloridos, nacidos doSeguir lendo “Enfiada de contos en homenaxe a Castelao”
Bases do Concurso de Coplas de Entroido
Aquí están as bases da nova edición do Concurso de Coplas de Entroido. Animádevos a participar e non vos descoidedes, que febreiro logo vén 😉
Queremos unha canle “Xabarín”!!
O alumnado do IES de Foz tamén se suma ás voces que reclaman urxentemente unha canle televisiva infantil e xuvenil con contidos de calidade e en lingua galega, iniciativa da MNL, e así o expresa mediante cartas dirixidas aos nosos gobernantes coma algunhas que reproducimos aquí. Entón…que? Hai alguén aí?
Postais para felicitar un ano 2021 con saúde!
Antes de marcharmos repoñer un pouco de enerxía, compartimos aquí unha selección das postais coas que participou o alumnado no concurso convocado polo EDLG. Parabéns a tod@s, bravo polo talento e que se cumpran os vosos desexos!! 🙂 https://drive.google.com/file/d/1jayoeMXO3LBshM-GLSfS5Svn-4d_-3kF/view?usp=sharing
A nosa historia facémola nós en Foz…coa onomástica!
A nosa historia facémola nós, actividade anual do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Foz, chegou neste curso á sexta edición. Nesta ocasión escribimos unha páxina relacionada coa onomástica, con explicacións sobre microtopónimos e nomes de comercios en lingua galega. Deixámosvos aquí unha selección dalgúns dos traballos presentados por alumnado de 1ºSeguir lendo “A nosa historia facémola nós en Foz…coa onomástica!”
Novo premio de podcast Xosé Mosquera para alumnado do IES de Foz!
O 1º Premio de Podcast da 2º edición dos premios Xosé Mosquera, O vello cos contos, recaeu de novo nun grupo de alumnas e alumnos do IES de Foz. Andrea Rodríguez, Bruno Rodríguez, Betty Martínez, Carlos Iglesias, Miguel Río, Francisco Sánchez e Héctor Portela presentaron ao concurso un podcast baseado nun conto tradicional galego, aSeguir lendo “Novo premio de podcast Xosé Mosquera para alumnado do IES de Foz!”
Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo
Sentides o tictac do reloxo marcando xa o desconto para un Nadal ben distinto? Xaora! O caso é que nosoutros volvemos a propoñer expresar algúns bos desexos para o ano novo 2021… E aquí vos deixamos as bases. Animádesvos? 😉