E así, dentro dun estado de alarma co que tamén estamos a escribir a historia, chegamos xa ao 2 de abril, data na que se celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Compartimos convosco o cartel conmemorativo que editou a IBBY (International Board on Books for young people). A ilustración é da debuxanteSeguir lendo “2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”
Arquivos de autor:edlgfoz
20 de marzo, Día da Narración Oral
No Calendario do Libro e da Lectura o 20 de marzo é un día sinalado, celébrase nada menos que o Día Mundial da Narración Oral! E que podiamos facer desde o Equipo de Dinamización, dentro dunha situación tan excepcional como a que estamos a vivir? Ocorréusenos implicar o alumnado de 1º e 2º ESO naSeguir lendo “20 de marzo, Día da Narración Oral”
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
O alumnado de 1º e 2º ESO nas clases de Lingua Galega sumouse á celebración do Día de Rosalía a partir da reflexión sobre unha pregunta: que estrañarían de seren errantes polo mundo? A iniciativa, que naceu do lema escollido este ano pola AELG, “Errantes polo mundo”, mostra un amplo abano de emocións e sentimentos,Seguir lendo “24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro”
Marchando unhas coplas de Entroido!
Chegamos neste curso á 16ª edición do Concurso de Coplas de Entroido convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. E sabedes que? Por segundo ano consecutivo armou as coplas premiadas Bruno Rodríguez Docobo, desta volta a ritmo de “A bamba”. Que artista!! Aquí volas deixamos: O Entroido está a chegar Profesores, profesoras! Compañeiros, compañeiras!Seguir lendo “Marchando unhas coplas de Entroido!”
Premiad@s no 2º Concurso de recitado
O 2º Concurso de recitado sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María coñeceu os seus gañadores o día 14 de febreiro. De novo, o alumnado demostrou a súa capacidade para emocionar cos versos de dous grandes da literatura galega. O xurado, formado por Jesús A.García Cortázar, M.José Mon López e Pilar Cordeiro, nonSeguir lendo “Premiad@s no 2º Concurso de recitado”
Xaneiro con Castelao
A tradicional homenaxe a Castelao no mes de xaneiro por parte Equipo de Dinamización da Lingua Galega consistiu desta volta nunha exposición de imaxes da súa obra pictórica, aquela relacionada coa natureza, xunto co texto “A carón da natureza”, do libro Cousas. A decisión non foi casual, senón que obedece á importancia desta temática naSeguir lendo “Xaneiro con Castelao”
16º Concurso de coplas de Entroido
Aquí tedes as bases do Concurso de coplas de Entroido convocado polo Equipo. E xa van dezaseis edicións! Animádevos a participar!
2ºConcurso de recitado de poesía
Convocado xa o 2º Concurso de recitado de poesía sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María. Participa!!
Concurso de postais
Nesta edición do concurso de postais para felicitar o ano novo, con mensaxe sobre o medio ambiente, levaron premio: Lucas Gorgojo Cuba (1º premio) Andrea Fernández Varela (2º premio) Ainhara Campo Rancaño (3º premio) E recibiron mención especial do xurado: Cristina García e Pablo Incera Parabéns e moitas grazas a tod@s pola vosa participación!
O EDLG co medio ambiente
O Equipo da Biblioteca do IES de Foz propuxo para este curso 2019-20 traballar sobre o medio ambiente. Desde o EDLG sumámonos á iniciativa e, dentro da nosa colaboración, iremos publicando contidos en lingua galega relacionados coa temática. Estade atent@s e xa veredes que argallamos para o remate do curso 😉 Botádelle unha ollada aSeguir lendo “O EDLG co medio ambiente”