Marchando unhas coplas de Entroido!

Chegamos neste curso á 16ª edición do Concurso de Coplas de Entroido convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. E sabedes que? Por segundo ano consecutivo armou as coplas premiadas Bruno Rodríguez Docobo, desta volta a ritmo de “A bamba”. Que artista!! Aquí volas deixamos: O Entroido está a chegar Profesores, profesoras! Compañeiros, compañeiras!Seguir lendo “Marchando unhas coplas de Entroido!”

Premiad@s no 2º Concurso de recitado

O 2º Concurso de recitado sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María coñeceu os seus gañadores o día 14 de febreiro. De novo, o alumnado demostrou a súa capacidade para emocionar cos versos de dous grandes da literatura galega. O xurado, formado por Jesús A.García Cortázar, M.José Mon López e Pilar Cordeiro, nonSeguir lendo “Premiad@s no 2º Concurso de recitado”

Xaneiro con Castelao

A tradicional homenaxe a Castelao no mes de xaneiro por parte Equipo de Dinamización da Lingua Galega consistiu desta volta nunha exposición de imaxes da súa obra pictórica, aquela relacionada coa natureza, xunto co texto “A carón da natureza”, do libro Cousas. A decisión non foi casual, senón que obedece á importancia desta temática naSeguir lendo “Xaneiro con Castelao”

O EDLG co medio ambiente

O Equipo da Biblioteca do IES de Foz propuxo para este curso 2019-20 traballar sobre o medio ambiente. Desde o EDLG sumámonos á iniciativa e, dentro da nosa colaboración, iremos publicando contidos en lingua galega relacionados coa temática. Estade atent@s e xa veredes que argallamos para o remate do curso 😉 Botádelle unha ollada aSeguir lendo “O EDLG co medio ambiente”

Correlingua 2020 en Foz!

Vinte coa lingua é o lema do Correlingua en 2020 e a vila anfitrioa da festa final na Mariña o 14 de maio será Foz. Animádevos a participar nos concursos de Vídeo e de Manifesto! As bases podedes consultalas na páxina oficial do Correlingua (https://correlingua.gal/), pero tamén as temos no noso taboleiro de noticias eSeguir lendo “Correlingua 2020 en Foz!”

A que andou o Equipo neste curso?

Esta primeira avaliación foi sen dúbida ningunha moi movidiña. Fixéronse moitas actividades nas que o grupo de Dinamización Lingüística colaborou, como a benvida á biblioteca ó alumnado de 1º ESO, e outras directamente organizadas por nós, como a colocación de calendarios en galego nas aulas, a actualización do taboleiro das noticias do Equipo e unSeguir lendo “A que andou o Equipo neste curso?”

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos