Concurso de postais

Nesta edición do concurso de postais para felicitar o ano novo, con mensaxe sobre o medio ambiente, levaron premio:

Lucas Gorgojo Cuba (1º premio)

Andrea Fernández Varela (2º premio)

Ainhara Campo Rancaño (3º premio)

E recibiron mención especial do xurado:

Cristina García e Pablo Incera

Parabéns e moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

Exposición das postais no Edificio A
Lucas Gorgojo Cuba (1º premio)
Andrea Fernández Varela (2º premio)
Ainhara Campo Rancaño (3º premio)
Pablo Incera (mención especial)
Cristina García (mención especial)

O EDLG co medio ambiente

O Equipo da Biblioteca do IES de Foz propuxo para este curso 2019-20 traballar sobre o medio ambiente. Desde o EDLG sumámonos á iniciativa e, dentro da nosa colaboración, iremos publicando contidos en lingua galega relacionados coa temática. Estade atent@s e xa veredes que argallamos para o remate do curso 😉

Botádelle unha ollada a este documento audiovisual, emitido pola TVG no Contraportada do 11/01/2020, sobre a repercusión do cambio climático en Galicia. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-galicia-do-cambio-climatico-4262402

Correlingua 2020 en Foz!

Vinte coa lingua é o lema do Correlingua en 2020 e a vila anfitrioa da festa final na Mariña o 14 de maio será Foz.

Animádevos a participar nos concursos de Vídeo e de Manifesto! As bases podedes consultalas na páxina oficial do Correlingua (https://correlingua.gal/), pero tamén as temos no noso taboleiro de noticias e á vosa disposición se non dades con elas 😉

A que andou o Equipo neste curso?

Esta primeira avaliación foi sen dúbida ningunha moi movidiña. Fixéronse moitas actividades nas que o grupo de Dinamización Lingüística colaborou, como a benvida á biblioteca ó alumnado de 1º ESO, e outras directamente organizadas por nós, como a colocación de calendarios en galego nas aulas, a actualización do taboleiro das noticias do Equipo e un concurso de postais de aninovo.

Mans salgadas”

O 1 de outubro do 2019 alumnado de 4º da ESO desprazouse ata Ourense, á décima gala de entrega de premios OUFF Escola para recoller o premio ó mellor guión en niveis de ensino non universitario coa película Mans Salgadas. Os alumnos que realizaron esta curtametraxe de 23 minutos foron Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil. Quedaron tan satisfeitos polo traballo do ano pasado que este curso xa están mans á obra con outra película. Que farán? Non lles perdas a pista!

A nosa historia facémola nós”

Con esta actividade fixa do Equipo, nesta ocasión tratouse de poñer en valor algún elemento da arquitectura tradicional, preferentemente do concello de Foz, como unha fonte, un lavadoiro, un muíño, un pombal… O principal obxectivo era que o alumnado investigara sobre a existencia e permanencia no tempo de elementos propios da arquitectura tradicional galega na contorna para saber da súa historia. Para isto, os alumnos tiveron que documentarse coas familias, polo que dende aquí dámoslles grazas por axudarnos tanto neste proxecto.

Ao ser un traballo académico, valorouse a exposición ordenada e clara da información, sen erros ortográficos, cunha imaxe e unha presentación adecuada e axustada ás pautas dentro do prazo marcado.

Farase unha exposición cos traballos máis orixinais ou os máis diferentes neste blog nuns días. Agarda a publicación e mira toda a orixinalidade dos traballos do alumnado! Vanche encantar e vas aprender moitísimo acerca de arquitectura preto de ti, da que descoñeces a súa historia, xa verás!

Helena Celada (2º ESO A)

Benvid@s!

Benvidos e benvidas ao novo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

Non foi sen tempo! Xa tiña que estar en marcha dende outubro, pero debido a diferentes circunstancias non puido ser… Malia todo, esperemos que vos divirtades remexendo neste novo blog e atopando noticias do voso interese relacionadas con este apartado e demais! 🙂

Mariña Balseiro (1ºESO)

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos