A principal homenaxe a Castelao neste xaneiro de 2023 por parte do Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega do IES de Foz concretouse en dúas accións: por unha banda, unha exposición sobre o artista total que foi, ubicada na entrada do Edificio A do centro, que pon a ollada en dedicatorias, indicacións para oSeguir lendo “Xaneiro con Castelao”
Arquivo de categoría:Sin categoría
Concurso de Coplas de Entroido e Concurso de recitado de poesía “Rosalía sempre viva”
Deixámosvos por aquí as bases dos dous concursos que convocamos en xaneiro no Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A ver se vos animades a participar 😉
Hidronimia: fala a auga!
Dentro da actividade fixa do Equipo “A nosa historia facémola nós”, o alumnado investigou desta volta sobre hidronimia: o nome dun río, rego, regato, quenlla… Encomendámoslles procurar información, principalmente dentro da veciñanza e na familia, sobre a orixe do nome, ubicación, usos antigos e actuais… E así, contando tamén co apoio doutras fontes, podemos escribirSeguir lendo “Hidronimia: fala a auga!”
Postais para felicitar o ano novo
A tarxeta de Estela Pérez Suárez que ilustra esta entrada foi a gañadora do Concurso de postais para felicitar o ano novo 2023, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en relación co tema promovido pola Biblioteca para o proxecto interdisciplinar do centro neste curso: a auga e a súa importancia nas nosas vidasSeguir lendo “Postais para felicitar o ano novo”
As leccións aprendidas…
Desta volta queremos compartir a adaptación radiofónica dunha escena teatral do texto As alumnas, de Paula Carballeira, unha gravación coas voces de alumnado do equipo (grazas a Mariña, Sofía, Xabi e Sofía!) e a achega musical de Suso C. (La Bejarana, do mestre F.Alonso y Serrano, e Gnossiennes, de Erik Satie). Leccións aprendidas…ou non. ConvidamosSeguir lendo “As leccións aprendidas…”
Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo 2023
A piques de que a maioría dos escaparates, a publicidade… orienten a mensaxe á chegada do vindeiro Nadal, novembro e algo máis por medio, nós propoñemos de novo un concurso de tarxetas para felicitar o 2023. Velaí a ligazón: https://drive.google.com/file/d/1qGotImTYuysYtuo4vCjxp9mkKbAx3EqV/view?usp=sharing
Volvemos e sumámonos: Fálame! ;)
Remata setembro e aquí volvemos! 🙂 Para despedir o mes e antes de comezar a ver novos froitos das actividades propias do Equipo, compartimos o manifesto creado para a edición do Correlingua 2022 e aproveitamos para transmitir os nosos parabéns por un texto con moita mensaxe! É o resultado dos obradoiros ‘Desata a lingua’, impartidosSeguir lendo “Volvemos e sumámonos: Fálame! ;)”
Imos de viaxe (sensorial) con poemas de Berta Dávila. Vides?
Coa poesía de Berta Dávila en A pel do mundo, desde o EDLG convidámosvos a unha auténtica viaxe sensorial. A maxia sae da coordinación por parte de Montse García, das expresivas voces de Candela Quinto, Breixo, Sofía, Laura, Elena, Alba, Lorena, Alice, Estela, Candela Rodríguez e Xingxing, xunto ao bo facer de Suso G. CortázarSeguir lendo “Imos de viaxe (sensorial) con poemas de Berta Dávila. Vides?”
Carteis de 2º ESO e os xogos tradicionais do día 22
Achegábase o día de gozar dos xogos tradicionais e demais actividades festivas para despedir o curso… O alumnado de 2º ESO aceptou elaborar uns carteis coas normas dalgúns dos xogos escollidos para a ocasión entre o profesor de Educación Física e o Equipo de Dinamización. Organizáronse dúas quendas para os xogos, nos que apoiou alumnadoSeguir lendo “Carteis de 2º ESO e os xogos tradicionais do día 22”
Os (im)posibles titulares de 1ºESO
Un destes últimos días lectivos o alumnado de 1º ESO discorreu titulares de prensa que desexaría que recollesen a actualidade de Foz, Galicia… o mundo. Podemos facernos unha idea do que andan a matinar observando que lles gustaría que fose noticia. Velaí!