Coa poesía de Berta Dávila en A pel do mundo, desde o EDLG convidámosvos a unha auténtica viaxe sensorial. A maxia sae da coordinación por parte de Montse García, das expresivas voces de Candela Quinto, Breixo, Sofía, Laura, Elena, Alba, Lorena, Alice, Estela, Candela Rodríguez e Xingxing, xunto ao bo facer de Suso G. CortázarSeguir lendo “Imos de viaxe (sensorial) con poemas de Berta Dávila. Vides?”
Arquivo de categoría:Sin categoría
Carteis de 2º ESO e os xogos tradicionais do día 22
Achegábase o día de gozar dos xogos tradicionais e demais actividades festivas para despedir o curso… O alumnado de 2º ESO aceptou elaborar uns carteis coas normas dalgúns dos xogos escollidos para a ocasión entre o profesor de Educación Física e o Equipo de Dinamización. Organizáronse dúas quendas para os xogos, nos que apoiou alumnadoSeguir lendo “Carteis de 2º ESO e os xogos tradicionais do día 22”
Os (im)posibles titulares de 1ºESO
Un destes últimos días lectivos o alumnado de 1º ESO discorreu titulares de prensa que desexaría que recollesen a actualidade de Foz, Galicia… o mundo. Podemos facernos unha idea do que andan a matinar observando que lles gustaría que fose noticia. Velaí!
Lecturas en galego para a Biblioteca
Pois non, neste último mes non andamos de parranda… O certo é que estivemos tan ocupados que non foi posible ter actualizado o blog. Xa que logo, imos poñernos ao día! Por se non o sabiades, comentámosvos que o Equipo axudou coma sempre na última actividade da Biblioteca e alumnado colaborador: a saída á vilaSeguir lendo “Lecturas en galego para a Biblioteca”
Premios e diplomas para a tradución na semana das Letras Galegas!
Como remate desta semana das Letras Galegas, hoxe entregamos aos participantes no II Concurso Escolar de Tradución “Xela Arias” premios e diplomas polas súas traducións ao galego de textos en francés, español, portugués, grego, latín e inglés. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos expresar a satisfacción pola participación do alumnado e taménSeguir lendo “Premios e diplomas para a tradución na semana das Letras Galegas!”
17 “valentes” no II Concurso Escolar de Tradución Xela Arias
Foron dezasete “valentes” as alumnas e alumnos que se inscribiron e participaron no II Concurso Escolar de Tradución “Xela Arias”: por unha banda, Andrea, Calin, Alejandra, Alberto, Saúl e Helena (de 4ºESO); por outra, Ángela, Katerin, Alba, David, Gonzalo, Amin, Antón, Alberto, Noa, Ayman e Iria (de 1º BACH). O profesorado do Equipo (Suso, AnsemilSeguir lendo “17 “valentes” no II Concurso Escolar de Tradución Xela Arias”
Letras Galegas 2022: exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán
A exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán está lista xa para descubrir e aprendermos máis en relación co autor que recibe homenaxe polas Letras Galegas 2022. Leva por título “Tesouro de lembranza” e consta de dez carteis que conteñen aspectos fundamentais da vida ou da obra do autor valdeorrés. Podedes visitar este traballo da Consellería deSeguir lendo “Letras Galegas 2022: exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán”
23 de abril: libros e sorrisos
Remata abril e unha nova colaboración coa Biblioteca para a celebración do Día do Libro, desta volta por medio da idea de destapar sorrisos con libros. Velaí:
II Concurso escolar de tradución “Xela Arias”
Andamos cos preparativos da segunda edición do noso Concurso escolar de tradución “Xela Arias”. Consulta aquí as bases e anímate a participar, si? 😉
Aroa representou o IES de Foz no “Rosalía sempre viva”
O noso agradecemento a Aroa, que participou o pasado mes de marzo na Casa-Museo Manuel María no Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva” representando o IES de Foz. Recitou moi ben un coñecido poema rosaliano de Follas novas. Felicitámola e ao mesmo tempo alegrámonos de que vivise unha grata experiencia. Compartimos unha imaxe daSeguir lendo “Aroa representou o IES de Foz no “Rosalía sempre viva””