Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Quen é quen no rueiro de Foz?

Os nomes das rúas renden tributo pero… sabemos sempre o porqué? Quen é quen no rueiro de Foz? Mariñeiro Chila, Pintor Laxeiro, Julia Minguillón…? O pasado trimestre o alumnado de 2º ESO ocupou tempo en investigar, fotografar as placas e informar, colaborando así co Equipo de Dinamización nunha das accións que incluímos este curso naSeguir lendo “Quen é quen no rueiro de Foz?”

E o premio do Concurso de coplas de Entroido 2022 é para…

As gañadoras do Concurso de coplas de Entroido 2022 son as coplas de Lucía e Lorena, de 2º ESO!! A ritmo do mítico tema “A Santiago voy”, aquí vos quedan. Bo Carnaval a tod@s! Coplas 2022 (de Lucía e Lorena) Pa’o desfile vou Con ledicia, preparando Que dous anos paradas Sen carnaval Éche un espantoSeguir lendo “E o premio do Concurso de coplas de Entroido 2022 é para…”

Febreiro con Rosalía e recitado de poemas. Poesía sempre viva!

Este 17 de febreiro celebramos o Concurso de recitado de poesía sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María. A entrega dos premios será o xoves, día 24. Agradecemos a participación e bo facer do alumnado ao recitar (Ayman, Alberto, Silvia, Lucas, Aroa, Ainhoa e África), o interese de Silvia e María (aínda queSeguir lendo “Febreiro con Rosalía e recitado de poemas. Poesía sempre viva!”

3º concurso de recitado de poesía sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María “Rosalía sempre viva”

O Equipo de Dinamización convídavos a escoller un poema de Rosalía de Castro ou de Manuel María e participar no concurso de recitado que se realizará no centro o día 17 de febreiro. Aquí vos deixamos o arquivo coas bases. Animádevos!

Postais para felicitar o ano novo 2022

É evidente que o alumnado que participou no Concurso de postais para felicitar o ano novo puxo a súa dose de enxeño ao relacionar os bos desexos para 2022 coa temática da Alimentación, escollida pola Biblioteca para traballar neste curso. Entre todas as tarxetas, o xurado concedeu o primeiro premio á alumna de 3º ESOSeguir lendo “Postais para felicitar o ano novo 2022”

Aquelas merendas…

Os maiores lembraron aquelas merendas de cando eran cativos. O alumnado de 1º ESO elaborou para a materia de Lingua Galega relatos de carácter biográfico sobre como era a merenda dos seus maiores. Preguntaron ao avó ou avoa sobre o que tomaban para merendar, quen lles preparaba a merenda… Tamén se interesaron polo recordo queSeguir lendo “Aquelas merendas…”