Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo 2022

Queredes participar no concurso de tarxetas que convocamos desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para felicitar o novo ano 2022? Para crear o texto en galego da tarxeta postal haberá que pensar na Alimentación, o tema escollido pola Biblioteca para este curso escolar. Mirade todas as bases do concurso na ligazón e… aSeguir lendo “Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo 2022”

Seguimos reconectando… coa nosa historia en imaxes!

Para continuar, compartimos convosco historias de fotografías antigas que forman parte do noso patrimonio. No tramo final do curso pasado, o alumnado elaborou os relatos que acompañan as fotografías e que tamén poden verse na galería do arquivo de imaxes do IV Certame de fotografía convocado pola asociación cultural e pedagóxica Ponte nas ondas (deixámosvosSeguir lendo “Seguimos reconectando… coa nosa historia en imaxes!”

De primeiro temos… Cocido familiar

Imos co menú deste curso e, xa que case estamos no tempo, de primeiro témosvos… Cocido familiar. A nosa última curta, seleccionada no OUFF Escola 2021, podería dicirse que se fixo “a lume lento”, por mor da pandemia, entre finais de 2019 e xuño de 2021. Iso si, sentímonos orgullos@s do resultado e gardamos moiSeguir lendo “De primeiro temos… Cocido familiar”

Xela Arias. Poesía animal.

Volvemos a Xela Arias e á forza da súa palabra para despedírmonos ata o vindeiro curso. O alumnado de 2º ESO B, baixo a coordinación do profesor Jesús García Cortázar, le fragmentos escollidos da obra de Xela Arias (Non te amola; Poesía) que amosan a inquietante presenza de animais na súa obra. A profesora deSeguir lendo “Xela Arias. Poesía animal.”

En maio dinamizamos coa tradución…e houbo premio!

Hoxe entregamos os premios do I Concurso escolar de tradución “Xela Arias” na Biblioteca. Nesta primeira edición escollemos obras que foron traducidas por Xela Arias e decidimos que o concurso leve o seu nome para renderlle así homenaxe. Ansemil, Suso e Montse, que formamos o Equipo de Dinamización, contamos co apoio de Dirección e coaSeguir lendo “En maio dinamizamos coa tradución…e houbo premio!”

LETRAS GALEGAS 2021 Xela Arias

Para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO A converteuse en auténticos ilustradores/as e fixo un repaso dos trazos máis significativos da biografía de Xela Arias.  A nosa homenaxeada é unha figura singular que viviu a cultura do seu tempo con intensidade e que fixo da independencia e da liberdade principiosSeguir lendo “LETRAS GALEGAS 2021 Xela Arias”

#Morriña focense

E logo, quen sentirá morriña…? Ides ver… O reto consistía en crear unha campaña publicitaria sobre A Mariña. Xaora que sobran razóns para atraer visitantes a Foz e ao resto de concellos, mais amosarémosvos cal foi o enfoque dos nosos intrépidos publicistas de 1º e 2º ESO. Preparáronse para esta tarefa coa lectura dramatizada nasSeguir lendo “#Morriña focense”

I Concurso escolar de tradución “Xela Arias”

As Letras Galegas de 2021 homenaxean a escritora Xela Arias, a quen debemos tamén a tradución ao galego de grandes títulos da literatura universal, infantil e xuvenil. Grazas a Xela podemos ler en galego Drácula de Bram Stoker, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, O derradeiro dos mohicanos de Fenimore Cooper, Dublineses de James Joyce…Seguir lendo “I Concurso escolar de tradución “Xela Arias””

Bravo pola banda deseñada en galego e bo Día do Libro!

Ás portas dunha nova festa polo Día do Libro, traémosmos desde o Equipo de Dinamización un convite á lectura da banda deseñada galega, celebrando que estea a gozar de moi boa saúde. Distintos xéneros e estilos para difundir coñecemento, enriquecernos culturalmente e entreter conforman as últimas creacións en galego desta literatura de imaxe. Aí están,Seguir lendo “Bravo pola banda deseñada en galego e bo Día do Libro!”