Chegan a tempo e con moi bo humor, para adozarmos un pouco este noso Entroido de 2021. Grazas a todo o alumnado que participou no Concurso, resultase premiado ou non, e ao profesorado que animou desde as aulas e moitos parabéns a Mariña, Bruno, Martina, María, Kilian, Melani, Silvia, Lisy e Laura pola creatividade eSeguir lendo “Velaí as coplas de Entroido!!”
Arquivo de categoría:Sin categoría
Enfiada de contos en homenaxe a Castelao
Miramos cada xaneiro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un xeito de render tributo a Castelao. De entre as múltiples facetas do escritor rianxeiro -caricaturista, pintor, etnógrafo, novelista, político, doutor, dramaturgo, ensaísta, investigador, orador…- paramos desta volta no autor de contos e relatos breves. Compartimos convosco unha enfiada de contos coloridos, nacidos doSeguir lendo “Enfiada de contos en homenaxe a Castelao”
Bases do Concurso de Coplas de Entroido
Aquí están as bases da nova edición do Concurso de Coplas de Entroido. Animádevos a participar e non vos descoidedes, que febreiro logo vén 😉
Queremos unha canle “Xabarín”!!
O alumnado do IES de Foz tamén se suma ás voces que reclaman urxentemente unha canle televisiva infantil e xuvenil con contidos de calidade e en lingua galega, iniciativa da MNL, e así o expresa mediante cartas dirixidas aos nosos gobernantes coma algunhas que reproducimos aquí. Entón…que? Hai alguén aí?
Postais para felicitar un ano 2021 con saúde!
Antes de marcharmos repoñer un pouco de enerxía, compartimos aquí unha selección das postais coas que participou o alumnado no concurso convocado polo EDLG. Parabéns a tod@s, bravo polo talento e que se cumpran os vosos desexos!! 🙂 https://drive.google.com/file/d/1jayoeMXO3LBshM-GLSfS5Svn-4d_-3kF/view?usp=sharing
A nosa historia facémola nós en Foz…coa onomástica!
A nosa historia facémola nós, actividade anual do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Foz, chegou neste curso á sexta edición. Nesta ocasión escribimos unha páxina relacionada coa onomástica, con explicacións sobre microtopónimos e nomes de comercios en lingua galega. Deixámosvos aquí unha selección dalgúns dos traballos presentados por alumnado de 1ºSeguir lendo “A nosa historia facémola nós en Foz…coa onomástica!”
Novo premio de podcast Xosé Mosquera para alumnado do IES de Foz!
O 1º Premio de Podcast da 2º edición dos premios Xosé Mosquera, O vello cos contos, recaeu de novo nun grupo de alumnas e alumnos do IES de Foz. Andrea Rodríguez, Bruno Rodríguez, Betty Martínez, Carlos Iglesias, Miguel Río, Francisco Sánchez e Héctor Portela presentaron ao concurso un podcast baseado nun conto tradicional galego, aSeguir lendo “Novo premio de podcast Xosé Mosquera para alumnado do IES de Foz!”
Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo
Sentides o tictac do reloxo marcando xa o desconto para un Nadal ben distinto? Xaora! O caso é que nosoutros volvemos a propoñer expresar algúns bos desexos para o ano novo 2021… E aquí vos deixamos as bases. Animádesvos? 😉
CONCURSO DE MICRORRELATOS “A SAÚDE”
Boas a todxs! Traemos novas para vós e, como non, en galego. Os colaboradores da biblioteca de 2º ESO andan a maquinar nun novo concurso de microrrelatos, no que a temática será a saúde (moi apropiado tendo en conta o ano que levamos). Haberá tres categorías e premios para os gañadores. Rápido, queda menos dunSeguir lendo “CONCURSO DE MICRORRELATOS “A SAÚDE””
Estamos de volta!!
Imos compartir aquí as actividades de dinamización da lingua galega que poidamos realizar ao longo do curso, así como outros contidos de interese sobre ciencia, cultura…Sempre en galego, xaora! E, como andamos ás portas do Samaín, comezamos cunha suxerencia de banda deseñada que envellece ben. Para enredar e rir a cachón…ou non… Será certo queSeguir lendo “Estamos de volta!!”