Xaneiro con Castelao. Exposición e rosco interactivo

Algunhas das estampas incluídas nos volumes de Cousas da vida conforman este xaneiro a nosa homenaxe a Castelao. Seleccionáronse arredor da idea que recollemos na lenda “Vida de contrastes. E o medo… que paraliza”. Convidámosvos a pasar polo edificio A, onde se instalou a exposición, e dedicarlle un tempo.

Ademais, propoñémosvos unha actividade interactiva para probardes canto sabedes sobre a vida e a obra do autor. Aquí, nesta ligazón:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/17582935-canto_sabes_sobre_castelao.html

Castelao sempre!!

Deixar un comentario

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos