V Concurso de recitado de poesía sobre poemas de Rosalía de Castro e Manuel María “Rosalía sempre viva”

Foi emotivo, un verdadeiro pracer escoitar os versos de Manuel María e Rosalía de Castro nas voces de Carmela e Pablo, alumnos de 1º e 2º ESO respectivamente. Ademais, acompañaron cadanseu recitado dunha interpretación orixinal e traballada que encantou ao xurado, composto nesta ocasión por X.L. Ansemil e Suso G. Cortázar, membros do Equipo, e por María García Barallobre, a quen agradecemos a súa colaboración. Por unanimidade, recoñecemos o bo facer de Carmela e Pablo e desexámoslles unha moi boa experiencia representando o IES de Foz na fase final do Concurso “Rosalía sempre viva”, que se celebra o vindeiro 2 de marzo na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.

Parabéns!

Poesía sempre viva!

Moito talento!

Pablo recitando versos de Rosalía de Castro.

Carmela durante o recitado dun poema de Manuel María.

Deixar un comentario

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos